50 rapaces participarán no Campus de Fútbol Base impartido polos irmáns González

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRiveira
A-
A+

O pavillón polideportivo de A Fieiteira será escenario a partir de hoxe á tarde da celebración do Campus de Fútbol Base organizado polo Concello e a Asociación  As Miñoteiras e que será impartido polos irmáns Fran e José Ramón González Pérez.

A iniciativa, que se desenvolverá diariamente ata o 18 de abril, constará dun conxunto de actividades de tecnificación adaptadas ao perfil de asistente ao que vai dirixida: nenos e nenas con idades de 6 a 12 anos.

En total son cincuenta os rapaces inscritos, que estarán repartidos en dous grupos: un para nenos de 6 a 9 anos que se celebrará en horario de 18.30 a 20 horas; e outro para nenos de 10 a 12 anos en horario  de 20 a 21.30 horas.

Depor-Málaga

O campus nunha pista de fútbol-indoor aproveitando que o municipio vai dispoñer desta infraestrutura para o duelo que vai ter lugar este venres en A Fieiteira entre o Deportivo de A Coruña e o Málaga, partido que forma parte da Liga Fertiberia de Fútbol Indoor.

Hai que recordar que esta estrutura consta dun campo de céspede artificial de 20×40 metros rodeado de vallas e cunha portería cunhas dimensións parecidas ás de fútbol 7.

As entradas para o encontro, que dará comezo ás 20.45 horas, custan 5 euros e están a venta na oficina de Deportes situada no Complexo de A Fieiteira.

15 de abril de 2013 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.