Unha vintena de alumnos debutaron no Conservatorio de Riveira coa súa primeira audición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Alumnos debutantes

Alumnos debutantes

Dentro do ciclo de audicións que está a ter lugar dende o pasado febreiro no Conservatorio Profesional de Música de Riveira, a vintena de alumnos asistentes ao primeiro curso de grao elemental fixeron o seu debut de cara o público.

Estes debutantes son alumnos que apenas levan cinco meses coa súa práctica instrumental e ofreceron a semana pasada o seu primeiro recital, acompañados de mestres, familiares e amigos.

Este ciclo de sete audicións organizadas polo Conservatorio terán o seu punto e final o día 22 de marzo coa actuación de alumnos de 5º e 6º gra profesional. Neste día tamén se entregarán os informes de avaliación do 2º trimestre.

Estas audicións serven aos alumnos como escaparate para que familiares, amigos, coñecidos, profesores… poidan observar os progresos acadados na interpretación musical do alumno, ao tempo que supón unha aprendizaxe e un adestramento para o rapaz na difícil tarefa de subirse e interpretar música dende un escenario.

12 de marzo de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.