Un ferido leve en Aguiño tras impactar un vehículo contra un poste

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRiveira
A-
A+
Vehículo siniestrado

Vehículo siniestrado

O Concello de Riveira informa de que esta mañá tivo lugar un choque dun vehículo contra un poste na rúa Celeirans en Aguiño.

De resultas do impacto o condutor saíu indemne, mentres que un segundo ocupante do coche (con matrícula 1798 CKR) resultou ferido de carácter leve e foi trasladado en ambulancia ata o Hospital da Barbanza.

Ao lugar do suceso acudiron axentes da Policía Local e da Policía Nacional e voluntarios de Protección Civil, ademais da referida ambulancia.

12 de marzo de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.