Protección Civil de Riveira imparte en Carreira unha charla sobre autoprotección no fogar
Voluntarios de Protección Civil de Riveira van impartir este venres 15 de marzo na Casa de Cultura de Carreira unha acción formativa gratuíta sobre autoprotección doméstica.
A charla terá lugar ás 21 horas e está dirixida a todos os veciños que desexen adquirir unhas nocións fundamentais tanto sobre autoprotección no fogar e prevención de riscos na cociña, como de primeiros auxilios.











