Os veciños xa poden votar para escoller os mellores praceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Campaña na praza de Riveira

Campaña ao mellor praceiro

Os veciños e usuarios en xeral dos mercados municipais de Riveira e Palmeira xa poden votar a quen consideran o mellor praceiro. A Xunta de Galicia vén de activar un ano máis unha campaña para seleccionar ao mellor vendedor de cada praza galega: campaña que se prolongará dende o 18 de marzo ata o  3 de maio.

Ao efectos de que os clientes poidan escoller aos mellores praceiros, por cada compra efectuada nun mercado de abastos lle será entregada unha papeleta que haberá de ser depositada nunha urna instalada ao efecto no recinto.

Co obxectivo de incentivar a participación cidadá, sortearanse vales de compra entre os votantes. Os sorteos terán lugar o venres 12 de abril e o venres 3 de maio.  Será preciso estar presente no sorteo para recibir o premio.

O obxectivo marcado pola Xunta de Galicia con esta campaña é contribuir a alcanzar a transformación dos mercados nunha rede de “centros especializados en productos de compra cotiá” onde se leve a cabo unha venda moderna, con servizos, diversidade e excelencia capaz de unir a tradición de compra coa modernización actual.

As prazas de abastos ocupan un lugar destacado no comercio das nosas vilas e cidades, actuando como escaparates da calidade do producto galego e sendo obxecto de visita, non so polos clientes habituais, se non tamén polos turistas que se desplazan á nosa terra atraídos polo prestixio do produto galego.

19 de marzo de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.