O pavillón de Coroso acollerá este domingo o V Encontro Galego de Esgrima Antiga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalRiveira
A-
A+

20130314-14Este domingo 17 de marzo, o Pavillón Polideportivo de Santa Uxía (Coroso) vai dar cabida durante todo o día ao V Encontro Galego de Esgrima Antiga. Este evento (promovido por distintas salas e colectivos representantes da esgrima antiga en Galicia, coa colaboración do Concello de Riveira) está destinado a poñer en común os coñecementos e avances levados a cabo nesta materia.

A xuntanza contará coa participación de esgrimistas de recoñecemento mundial e pretende amosar ao público esta arte marcial en todo o seu esplendor.

A esgrima antiga é unha arte marcial, un sistema de loita que consiste en prácticas e tradicións codificadas. O obxectivo é defenderse mediante a técnica. Dentro do amplísimo abano que supoñen estas artes, a esgrima antiga ten orixe europeo e foi evolucionando ata o actual deporte olímpico da esgrima.

O evento terá clases e asaltos destinados aos participantes do evento, así como unha exhibición e clase de iniciación para o público congregado.

O programa do evento é o seguinte:

10.30 -11.45 Clase: Daga de Fiore / Clase: Espada de Man y Broquel
11.45 -13.00 Clase: Ropera / Clase: Man e Media
13.00 -14.00 Asalto por tempo
16.00 -17.00 Conferencia: A Destreza en Portugal
17.00 -18.00 Exhibición diferentes armas (historia e manexo)
18.00 -19.00 Clases de iniciación (para que o público poda participar)
19.00 -19.30 Asaltos en grupo
19.30 -21.00 Asaltos libres
21.00 – Despedida

Actualmente, a esgrima en Galicia conta con 8 salas dedicadas ao estudo e difusión da esgrima antiga: ANEA, AGEA, SCEA, AOUREA, ALEA, SVEA, FALCATA e HUNGARESA, situadas en Narón, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

Durante todo o evento haberá unha exposición de libros de Esgrima Antiga, dos que se obtén a teoría que logo se emprega para o combate.

14 de marzo de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.