Magnífica acollida da primeira travesía de media distancia de Mushing ‘Riveira Activa’

Participantes
A pasada fin de semana tivo lugar, baixo a organización do Concello e da asociación Agacett, a primeira edición da Travesía de Media Distancia de Mushing ‘Riveira Activa”, última das que formaron parte dentro do Circuíto Estatal e que colleitou unha magnífica acollida entre os espectadores.
As dúas etapas en que se dividiu a proba celebráronse o sábado pola tarde no monte de A Curota e o domingo pola mañá no entorno dos lugares de Balteiro e Lixó, para goce dos espectadores que quixeron contemplar esta atractiva competición nuns entornos inmellorables.
Participaron un total de 13 equipos que, dependendo da categoría, quedaron da seguinte forma:
– Na categoría de Canicross gañou Alejandra Carro cun tempo de 3:52:40, quedando en segundo lugar na mesma categoría Jaime López.
– Na categoría de Bicicleta e Patín erixiuse vencedora Mª José Valdeomillos, seguida de Marco Antonio Pérez na segunda posición e de Antonio Parra na terceira. A continuación, Diego Martín, Dani Martín, Julián Cuesta, Raimundo Castro e Manuel Caeiro.
– Na categoría de Triciclos hasta 6 cans gañou Luís Mari Elizalde. José María Suárez ocupou o segundo posto e Jordi Pinyol o terceiro.
A entrega de premios tivo lugar a última hora da mañá na céntrica praza de España de Riveira, con participación do alcalde Manuel Ruiz. Foron moitos os curiosos que non se quixeron perder este acto e observar algúns dos cans e vehículos participantes.











