Inauguración da mostra Eclecticismo – Exotismo / Gauguin – Manet
O alcalde de Riveira, na súa calidade de presidente da Fundación Museo de Artes, presentará mañá ás 12 do mediodía o calendario de exposicións que albergará o Museo do Gravado de Artes durante o ano 2013.
De igual xeito, Manuel Ruiz dará conta da apertura da primeira das mostras que se van exhibir nesta instalación cultural: unha exposición titulada “Eclecticismo – Exotismo / Gauguin – Manet”











