Gran afluencia de público nas audicións do Conservatorio de Música de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Unha das audicións

Unha das audicións

O ciclo de  audicións que tiveron lugar no Conservatorio Profesional de Riveira durante os meses de febreiro e marzo tivo o seu punto e final o  día 22 de marzo coa actuación dos alumnos que cursan 5º e 6º do grao profesional.

A concelleira de Educación de Riveira, Mª Carmen Vizcaya, quixo acompañar aos alumnos neste día, no que ademais de actuar recibiron os informes de avaliación correspondentes ao segundo trimestre.

O público que quixo acompañar a estes alumnos foi moi numeroso, ata o punto de encher por completo as instalacións do conservatorio profesional de música de Riveira.

25 de marzo de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.