Entrega de diplomas aos alumnos participantes no curso de atención sociosanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiveira
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Os concelleiros de Emprego e de Servizos Sociais e Promoción Social do Concello de Riveira, Vicente Mariño e Anxo Orellán, procederon no día de hoxe á entrega de diplomaos aos alumnos asistentes ao Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.

Esta acción formativa, que contou coa participación de trece persoas, estivo organizada polo Concello coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

No acto de entrega de diplomas, Anxo Orellán destacou a idoneidade desta iniciativa para aprenderlle ás persoas unha saída laboral, con opcións de atopar traballo tanto no ámbito público como no privado. Abondando nesta idea, Vicente Mariño destacou o feito de que algúns dos alumnos asistentes ao curso xa conseguiron emprego.

As clases impartíronse nas aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón.

19 de marzo de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.