Colisión sen feridos en Palmeira
Preto das dúas da tarde de hoxe tivo lugar na rúa do Norte, en Palmeira, unha colisión por alcance entre dous vehículos. Non houbo feridos, aínda que si danos materiais.
Ata o lugar do suceso acudiron voluntarios de Protección Civil e unha patrulla da Policía Local de Riveira.
Os vehículos implicados foron unha furgoneta Citroën Berlingo con matrícula 5135 BLK e un turismo Citroën Xsara con placa C 6352 CD.











