Audición de 5º e 6º curso de grao profesional no Conservatorio de Música de Riveira
O ciclo de audicións que tiveron lugar no Conservatorio Profesional de Riveira durante os meses de febreiro e marzo terá o seu punto e final mañá día 22 de marzo coa actuación dos alumnos que cursan 5º e 6º do grao profesional.
A hora da audición será as 19.30 horas. Como sempre, a entrada é libre para calquera persoa que desexe asistir. Neste día tamén se entregarán os informes de avaliación correspondentes ao segundo trimestre.











