Aberto o prazo de inscrición para un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres
Hoxe martes día 12 de marzo ábrese a matrícula dun curso de defensa persoal gratuíto dirixido a mulleres.
Organizado polo CIM (Centro de Información á Muller), este curso está dirixido a todas aquelas mulleres que queiran adquirir algunhas nocións básicas de defensa persoal, nocións que seranlle aprendidas dun xeito sinxelo i eficaz.
O curso será o sábado 16 de marzo e terá unha duración de tres horas, entre as 10 e as 13 horas. Será impartido nas instalacións deportivas de A Fieiteira.
As mulleres interesadas poden inscribirse dende mañá no Centro de Información á Muller situada na estrada marxe dereita nº4 (número de teléfono: 981 874 131) ou na oficinas de deportes de A Fieiteira (981 873 646).











