A Sala Museo Municipal de Riveira abrirá na festividade da Semana Santa
O Concello informa de que, con motivo da Semana Santa e dada a esperada afluencia turística na cidade, a Sala Museo Municipal de Riveira vai permanecer aberta nestes días de festividade, a fin de que visitantes e veciños interesados podan contemplar as exposicións e coleccións que alí se exhiben.
Concretamente, as portas da instalación cultural situada na rúa de Galicia estarán abertas o Xoves Santo e o Venres Santo, en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 19 horas, así como o Sábado de Gloria, de 10.30 a 14 horas.











