600 rapaces de 19 equipos galegos mediranse no II Torneo de Fútbol Base Aguiño 2013
O 28 e 29 de marzo terá lugar no Campo da Tasca o Segundo Torneo de Fútbol Base Aguiño 2013, con participación das categorías de Prebenxamín e Benxamín. Esta competición terá lugar entre as 10.00 e as 19.30 horas, cun total de 12 partidos de clasificación, catro torneos de cuartos de final, dúas semifinais e unha final para cada categoría.
A gran cantidade de partidos que se van a disputar fan que cada equipo, aínda que non se clasifique para cuartos de final, xoguen un mínimo de tres partidos e pasarán por Aguiño unha media de 600 rapaces durante os dous días do evento.
O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, fixo un chamamento a pais, nais, amigos dos rapaces e veciños de Riveira a asistir a este torneo para animar aos pequenos futbolistas, posto que este tipo de actividades teñen un gran valor formativo.
O presidente do Xuventú Aguiño, Jose Manuel Vilas, resaltou o grande éxito da pasada edición do torneo que se levou a cabo polo 40º aniversario do Aguiño, e contou que se decidiu continuar coa celebración deste torneo polas chamadas dos clubs participantes e o empeño en repetir dito acontecemento.
Na organización deste torneo colabora a concellaría de Deportes do Concello de Riveira, Protección Civil de Riveira, A Xunta de Galicia, Deporte Galego, a Deputación da Coruña e Conresa.
Os 19 clubs participantes son os seguintes:
S.D. Abanqueiro
Catoira S.D
Sálvora C.F
Porto do Son C.F
Santiago de Compostela
C.F Cordeiro
Xuventú Aguiño
X. Oroso
S.D Compostela
U.D Santa Mariña
R.S. Lorenzo
C.D. Unión
E.F.C.D. Boiro
S.D. Villestro
Atl. Oleiros
Arosa S.C
V. Cabo de Cruz
Ulla C.F.
Puebla F.C











