Piscina Municipal
O pleno da corporación de Noia acordou na sesión de 22 de Febreiro a resolución do contrato coa empresa concesionaria da piscina municipal. Esta resolución dá por terminado o expediente de secuestro da concesión adoptado, tamén por unanimidade, o 4 de decembro.
A empresa concesionaria da piscina municipal pechara as intalacións o 26 de Outubro, polo que o Concello de Noia secuestrou a concesión, e realizou as obras precisas para a reapertura das instalacións, (estas obras tiñan que terse realizado con anterioridade pola empresa concesionaria)
O pleno da corporación adoptou tamén por unanimidade o acordo de municipalización do servizo de xeito transitorio, ata que o pelno adopte unha decisión definitiva. Para isto creouse unha comisión de técnicos municipais (o tesoureiro e dous ADL) para analizar as distintas opcións de xestión. Os traballadores son subrogados en base ao art. 44 do TRET ao existir sucesión de empresas.











