publicidade hoxe

O alcalde de Sada ultima coa Xunta a apertura do Centro de Día de Mondego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSada
A-
A+
Visita do rexedor ás instalacións

Visita do rexedor ás instalacións

O alcalde de Sada, Ernesto Anido; acompañado pola primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais, Soraya Salorio, inspeccionou o Centro de Día de Mondego, que tras o investimento de 80.000 euros realizada pola Xunta para equipalo e dotalo dunha área terapéutica exterior está xa case listo para entrar en funcionamento.

O Centro de Día de Mondego fora inaugurado en marzo de 2011, en plena precampaña electoral, polo anterior alcalde de Sada, o nacionalista Abel López Soto, que dous meses antes das eleccións municipais decidiu inauguralo a pesar de que o edificio se atopaba completamente baleiro, sen mobles, nin servizos de refrixeración e nin sequera contrato de subministración de enerxía eléctrica.

As condicións nas que o actual Goberno Local atopouse este centro -construído polo bipartito formado por BNG e PSOE con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local de Zapatero- facían imposible a súa posta en marcha, o que obrigou ao alcalde, Ernesto Anido, a negociar coa Xunta o equipamento dunhas instalacións que demandaban ducias de familias de Sada como alternativa de lecer para os maiores.

O alcalde e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinaron un convenio polo que a Xunta asumiu non só o completo equipamento do Centro de Día, senón tamén a súa mellora mediante a construción dunha área terapéutica exterior, actuacións que supuxeron un investimento de máis de 80.000 euros.

Ernesto Anido, que cualificara de ?unha simple carcasa baleira? o Centro de Día inaugurado polo Goberno anterior en plena precampaña electoral, inspeccionou onte as instalacións, unha vez equipadas e amobladas, e constato que tras a actuación da Consellería de Traballo e Benestar ?agora si estamos ante unha infraestrutura que podería ser realmente inaugurada non nun intento desesperado de rabuñar un puñado de votos, como se fixo durante a pasada precampaña electoral, senón como un paso previo á súa entrada en servizo?.

A inauguración na pasada campaña electoral dun edificio baleiro foi, en palabras de Ernesto Anido, “un insulto á intelixencia dos sadenses, sobre todo á das persoas maiores, que serán as usuarias destas instalacións”.

O alcalde de Sada agradeceu o interese da conselleira de Traballo e Benestar por “dotar a Sada dos servizos que merece” e destacou que o esforzo investidor promovido por Beatriz Mato “é especialmente importante nunha época de restricións económicas como a que atravesamos”.

Ernesto Anido anunciou a súa intención de solicitar de inmediato unha entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar para abordar a posta en servizo do Centro de Día de Mondego, para o que o alcalde demandará da Xunta a súa inclusión no mapa de infraestruturas de equipamento do Consorcio Galego de Benestar.

26 de febreiro de 2013 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.