Novo horario na piscina municipal
Unha das primeiras medidas adoptadas polo concello de Noia tras a resolución o pasado venres do contrato da concesión da piscina será a modificación de horarios, para adaptalo ás necesidades dos usuarios.
A Concelleira de deportes de Noia Mary Dominguez ven de anunciar varias melloras no servizo da piscina municipal. A principal novidade será que a partir do 1 de Marzo a piscina municipal abrirá os domingos e os festivos polas mañás. O novo horario será pola semana ininterrumpido de 8:00 a 23:00, os sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Mentres que domingos e festivos abrirá de 10:00 a 14:00.
Os sábados pola tarde de 17:00 a 19:00 habilitarase parte do vaso da piscina para unha actividade de ocio en familia, especialmente destinados aos máis nenos, con actividades lúdicas, e este primeiro sábado haberá inchables acuáticos durante toda a tarde do sábado.
A maiores a desde hai uns días hai a disposición dos usuarios novas actividades gratuítas para os usuarios como o aquagym que se fai en parte do vaso da piscina os luns e os mércores de 12:00 a 12:45. Ademais nos vindeiros días procederase a presentar a nova imaxe corporativa, pero a concelleira xa adiantou que se está traballando nun concepto global de deporte e saúde, que tentará marcar un cambio na liña de actuación actual, convertendo a saúde nun tema transversal.
Desde a concellería de deportes do Concello de Noia agradecese a colaboración dos traballadores da piscina municipal de Noia, xa que a súa implicación e compromiso está permitindo levar a cabo moitas destas melloras.











