publicidade hoxe

Éxito na Expogrelo 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínLocal
A-
A+

O pasado sábado tivo lugar en Gontán a feira anual Expogrelo de Abadín. Esta VIII edición caracterizouse polo especial éxito de público e o alto número de vendas. Xente provinte de diferentes puntos de Galicia e alén das súas fronteiras acodiron a esta feira que xa é un referente na venda do grelo de alta calidade co aval da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.

A propia Expogrelo estivo acompañada dunha carpa con numerosos stands de artesanía; a xornada estivo amenizada por un grupo musical que lle deu un especial ambiente festivo.

22 de febreiro de 2013 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.