Apertura do prazo de inscrición no curso de preparación para a obtención da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Porriño
A-
A+

Un ano máis, o Concello de Porriño volve organizar o curso de preparación para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Enmarcada no Plan Municipal de Emprego posto en marcha pola Concellería de Emprego e Formación que dirixe M. Alejandro Lorenzo, esta acción formativa, dirixida a maiores de 18 anos, impartirase de novo no Multicentro de Torneiros tralo gran éxito de participación, demanda e resultados obtidos en anos anteriores, cando máis da metade dos participantes obtiveron o graduado en ESO.

Agora, desde o Concello, vólvese a dar unha nova oportunidade tanto para aqueles que comezan desde cero como para os que en pasadas edicións superaron algúns dos módulos quedándolles os restantes pendentes. Deste xeito, todas as persoas interesadas poden inscribirse desde xa, e con prazo ata o día 1 de marzo, nas dependencias da Concellería de Emprego e Formación no Multicentro de Torneiros.

O alcalde Nelson Santos remarca a importancia destes cursos “sobre todo en persoas desempleadas de face a que poidan ter máis oportunidades á hora da inserción laboral, aumentando a súa cualificación e xa que logo tamén a súa competitividad para afrontar con éxito a súa inserción no mercado de traballo”.

O curso é de carácter gratuito e preparatorio para as probas oficiais que convoca anualmente, nos meses de maio e setembro, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

20 de febreiro de 2013 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.