150 deportistas reúnense no Torneo de Nadal Cadete de Baloncesto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Porriño
A-
A+

O Torneo Nadal Cadete 2012 que organiza o Porriño Baloncesto Base (PBB) os próximos días 26 e 27 de decembro contará con máis de 150 deportistas que compoñen os 12 equipos participantes. O evento desenvolverase no Polideportivo Municipal de Porriño en franxa horaria de 11:30 a 20:00, con descanso para comer de 13:30 a 16:00. O sistema de competición elixido fará que se disputen un total de 12 partidos, de categoría cadete masculino e feminino, todos eles equipos participantes en ligas de referencia rexional e zonal.

Entre os Clues invitados atópanse, Seis Do Nadal, Marín Peixe Galego, EDM Salceda, CB Baiona, AD. M. Peleteiro e Estudantes Pontevedra. O Club local, Porriño Baloncesto Basee estará representado polo Cadete Masculino A e Cadete Feminino A, ambos pertencentes á 1ª División, na 2ª división da FGB militan, o Cadete Masculino B e Cadete feminino B.
A clausura do Torneo farase coa entrega de premios por parte das autoridades locais e o presidente do club ás 20:00 do xoves día 27.

Como é habitual, dende o PBB esperan unha xornada de competición, que será unha gran festa do baloncesto e convivencia familiar entre todos os clubs participantes, nesta aposta do PBB polo baloncesto basee.
Este Torneo, que cumpre a súa novena edición, converteuse en todo un clásico de Nadal do baloncesto base porriñés. Do mesmo xeito que en todas as súas edicións anteriores, o evento conta coa colaboración do Concello do Porriño.

26 de decembro de 2012 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.