publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta e as tres universidades consensúan o reparto dos 10,9 M€ dos fondos covid estatais ás universidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de consensuar coas tres universidades galegas o reparto dos fondos covid estatais que lles corresponden, un total de 10,9 millóns de euros que se suman aos 3 millóns de fondos propios da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que xa se asignaron a estas institucións académicas para facer fronte aos gastos derivados da covid desde a declaración en marzo do Estado de Alarma.

Por universidades, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibirá máis de 4,2 millóns de euros, a Universidade de Vigo (UVigo) 3,6 millóns e a Universidade da Coruña 3 millóns.

O criterio de reparto acordouse nunha xuntanza entre as consellerías de Educación e Facenda cos equipos reitorais das tres universidades. En concreto decidiuse empregar como base da distribución o número de alumnado de grao e máster de cada universidade. O gasto baséase en programas aos que se deben axustar as propostas das universidades, estruturadas en tres áreas: melloras sanitarias, dixitalización e actuacións en infraestruturas.

Estes fondos adicionais teñen como obxectivo paliar este sobresforzo económico, en beneficio da seguridade sanitaria das universidades públicas galegas, tendo en conta os gastos adicionais nos que tiveron que incorrer, que son imprevistos pero imprescindibles para manter a calidade da oferta académica e da investigación.

Estes 10,9 millóns proceden do Fondo COVID creado polo Real Decreto-lei 22/2020, do Goberno central, que ascende para Galicia a preto de 93 millóns de euros. Cómpre lembrar que a Xunta destina este ano un total de 162 millóns de euros para a loita contra a covid en educación.

3 de novembro de 2020 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.