publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 80 persoas por 66 accidentes de circulación na ponte da Virxe do Pilar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte da Virxe do Pilar a 80 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de outubro, ata as 23,59 horas do luns, 12 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 25 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 84 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 66 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 73% e do 27% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 39% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 27 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 25
Lugo: 8
Ourense: 6
Pontevedra: 27
Galicia: 66

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 87. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 65 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 11 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 67 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

13 de outubro de 2020 | 22:05 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario