publicidade hoxe

O Bono coidado extraordinario da Xunta tamén cubrirá as excedencias e as reducións de xornada por coidados a fillos, a maiores ou persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Bono coidado extraordinario da Xunta de Galicia tamén cubrirá as excedencias e as reducións de xornada por coidados a fillas e fillos de ata 12 anos e maiores e persoas con discapacidade a cargo usuarias de centros de día. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta medida posta en marcha polo Goberno galego para a contratación dun servizo de atención á domicilio de pequenos e tamén de maiores ou persoas con discapacidade.

A posibilidade de cubrir excedencias e reducións de xornada incorpórase despois de presentar a medida na Mesa do Diálogo Social. Desta maneira, aquelas persoas que tomasen esta decisión polo coidado de menores, maiores ou persoas con discapacidade poderán beneficiarse dun bono de 500 euros mensuais para compensar o descenso salarial relativo á redución de xornada ou á excedencia.

Esta alternativa súmase ás outras dúas posibilidades, xa coñecidas, que xustifican o uso deste bono. Estas posibilidades son o pagamento de servizos de atención a domicilio e a contratación laboral dunha persoa coidadora. Neste último caso, tamén se contemplan as ampliacións de contratos laborais xa existentes.

Para a xustificación da excedencia ou da redución de xornada para o coidado será necesario presentar un certificado de empresa acreditativo onde conste a xornada laboral que se realizaba ata o momento de acollerse a ela e a súa relación coa xornada a tempo completo

Así mesmo, será necesario axuntar na solicitude o documento da Seguridade Social que acredite a baixa ou a modificación de datos de cotización pola redución de xornada, para o coidado de fillos e fillas, maiores ou persoas con discapacidade.

O período subvencionable ao abeiro deste bono comprenderá dende o 16 de marzo ata que se levante a suspensión das actividades nas escolas infantís 0-3, nos centros de ensino non universitarios e nos centros de día de atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade.

13 de xuño de 2020 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.