publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta traslada á comisaria de Política Rexional as propostas de Galicia fronte á crise da covid-19 e do brexit nas rexións atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Jesús Gamallo en videoconferencia

Jesús Gamallo en videoconferencia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu traslado das propostas de Galicia fronte aos desafíos provocados pola crise da covid-19 e o brexit nos territorios atlánticos a Comisaria de Política Rexional, Elisa Ferreira.

Jesús Gamallo participou hoxe por videconferencia na Asamblea xeral da Comisión Arco Atlántico, como coordinador do Grupo Operativo brexit no marco da Comisión do Arco Atlántico. O titular de Exteriores transmitiulle á Comisaria o desafío adicional que, xunto ás repercusións económicas da crise da covid-19, supón o brexit para as rexións ribeiregas do Atlántico a partir de decembro de 2020.

O brexit, reflexionou Jesus Gamallo, supón un dobre choque para os nosos territorios, xa que afectará a sectores como o comercio, o transporte, a pesca ou o turismo, que son sectores importantes xa afectados polas medidas de confinamento adoptadas para facer fronte á pandemia da covid-19. Por todo iso transmitiulle á Comisaria de Política Rexional medidas para superar esta dobre desvantaxe, como son en primeiro lugar, ampliar a aplicación da Iniciativa de Investimento en Resposta ao Coronavirus ( CRII) I e II máis aló de finais de ano, e ampliar o seu ámbito de acción máis aló da saúde pública para incluír o impacto do brexit.

En segundo lugar, incluír os efectos de brexit como criterios de asignación para a distribución do Plan Europeo de Recuperación e, en particular, dos fondos adicionais previstos baixo a iniciativa REACT- EU. Por último, no marco da política de cohesión para 2021-2027, crear un obxectivo específico que teña en conta os desafíos vinculados ao brexit e establecer fondos adicionais para mitigar os impactos de brexit.

Cooperación transfronteiriza

Na reunión, Jesús Gamallo tamén se referiu á cooperación transfronteiriza, seriamente afectada polo peche de fronteiras aplicado para a contención do virus. No caso de Galicia e o Norte de Portugal, os intercambios víronse seriamente afectados, situación que continúa ata, en principio, o 1 de xullo. Na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, lembrou Gamallo, estase a deseñar un Plan para a revitalización da nosa zona fronteiriza tras a crise da covid-19.

A Comisión do Arco Atlántico

A Comisión do Arco Atlántico (CAA) creouse no ano 1989 en Faro (Portugal) e é unha das seis comisións xeográficas da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas (CRPM). Está integrada por rexións de cinco Estados (España, Portugal, Irlanda, Francia e Reino Unido), desde Andalucía ata Escocia. Trátase dun espazo de cooperación dinámico creado para promover todo o potencial das rexións atlánticas e afrontar os seus principais retos desde unha perspectiva política, social, económica e medioambiental conxunta. Con cerca de 60 millóns de habitantes, as rexións da CAA representan ao 12% da poboación europea.

26 de xuño de 2020 | 12:48 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario