publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 23 persoas por 19 accidentes de circulación durante a ponte do 1 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte do 1 de maio a 23 persoas debido a 19 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 30 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con sete sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 19 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 19 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 23 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 91% e do 9% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 26% dos atendidos tiña entre 20 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 12 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 12
Lugo: 2
Ourense: 1
Pontevedra: 4
Total Galicia: 19

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 22. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon nun accidente, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 17 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

4 de maio de 2020 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.