publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feijóo analiza con Médicos Sin Fronteras a xestión da pandemia e as medidas postas en marcha en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión do presidente galego con representantes de Médicos sen Fronteiras

Reunión do presidente galego con representantes de Médicos sen Fronteiras

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa organización Médicos Sin Fronteras na que lles explicou os protocolos postos en marcha polo Goberno galego desde o inicio da crise sanitaria para facer fronte ao coronavirus.

A este respecto, destacou que a coordinación dos centros hospitalarios privados pasou a depender do Goberno galego para poder responder da mellor maneira posible ás necesidades sanitarias como consecuencia do virus. Do mesmo xeito, sinalou que desde este mesmo martes as xerencias das áreas sanitarias da Coruña e de Santiago están preparando, por se fose preciso, dous hospitais de reforzo: un na cidade da Coruña e outro na cidade de Santiago de Compostela.

No caso da Coruña, o hospital de reforzo estase a instalar no recinto feiral e contará cun aforo de entre 200 e 300 camas a maiores. No caso de Santiago, estase a acondicionar o Multiusos do Sar, onde se instalarán entre 100 e 150 camas adicionais a toda a planta hospitalaria pública e privada que existe na área sanitaria de Compostela.

Feijóo sinalou que oxalá non haxa que empregar estes hospitais de reforzo pero que, en todo caso, é preciso telos preparados no caso de que os hospitais públicos e privados –todos baixo a xestión do Goberno galego– non foran suficientes como consecuencia do eventual pico de contaxios que os expertos sanitarios prognostican para mediados do mes de abril.

Con respecto á decisión de preparar hospitais de reforzo, Médicos Sin Fronteras considerou que son “necesarios” e “moi positivos” nesta crise sanitaria e, debido á súa ampla experiencia en situacións de emerxencia, ofreceuse a colaborar coas autoridades sanitarias galegas.

Pola súa banda, Feijóo asegurou que a Xunta escoitará con atención as propostas desta organización en relación á posta en marcha destes hospitais para que sexan o máis efectivos posible. De feito, Médicos Sin Fronteras manterá reunións coa Consellería de Sanidade para coordinar e afrontar esta posible situación.

Imaxes relacionada

2 de abril de 2020 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.