publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Federación de Persoas Xordas de Galicia colaboran para garantir unha asistencia integral ás mulleres xordas vítimas da violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, asinaron o convenio que ten como obxectivo garantir unha atención integral ás mulleres xordas vítimas de violencia de xénero, e que conta cunha axuda de 40.000 euros, grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Segundo explicou Susana López Abella grazas a este convenio as mulleres vítimas de violencia de xénero contarán cun servizo de intérpretes en lingua de signos dende o momento de presentación da denuncia. O convenio recolle tamén apoio á formación das e dos profesionais de atención especializada a mulleres xordas da FAXPG -intérpretes de lingua de signos, traballadoras sociais, psicóloga e mediadoras da comunicación-, para formar en conceptos e cuestións relacionadas coa violencia de xénero.

O obxectivo que se pretende é seguir mellorando a resposta que desde as institucións se proporciona ás mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos menores, poñendo en marcha medidas para o perfeccionamento da asistencia, axuda e protección que se ofrece ás vítimas a aos seus fillos e fillas, revisando os plans de atención ás vítimas e garantindo un tratamento personalizado, potenciando e adecuando os recursos existentes e facilitando o acceso aos mesmos de todas as mulleres, con especial atención aos colectivos de mulleres máis vulnerables como as mulleres con calquera tipo de discapacidade.

5 de agosto de 2019 | 13:47 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario