publicidade hoxe

A Xunta adxudica máis de 27.000 metros cadrados de solo empresarial, con bonificacións por importe de preto de 1,2 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia adxudicou hoxe un total de 27.218 metros cadrados de solo empresarial en seis parques empresariais, con bonificacións por importe de máis de 1,1 millóns de euros.

As adxudicacións de solo por parte da empresa pública Xestur realizáronse nos parques empresariais da Sionlla (Santiago de Compostela), Bértoa (Carballo) e Ortigueira na provincia da Coruña. E tamén nos das Gándaras (Lugo), Pereiro de Aguiar (Ourense) e Lalín (Pontevedra).

O prezo total das parcelas adxudicadas á empresas vinculadas á actividade metalúxica, madereira e da alimentación é de 1.987.511,26 euros, despois de descontar a bonificación por importe de 1.161.200,86 euros.

Grazas ás bonificacións aplicadas sobre o prezo de venda, dende 2015 a Xunta de Galicia adxudicou en compravenda ou dereito de superficie máis de 2.000.000 de metros cadrados de solo nos parques promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e a empresa pública Xestur.

As bonificación aplicadas no prezo de venda neste período aproxímanse aos 48 millóns de euros, mentres que o valor das parcelas adxudicadas en dereito de superficie supera os 13,6 millóns de euros. Deste xeito, a aposta da Xunta de Galicia por incentivar a actividade das empresas galegas pola vía do estímulo á adquisición de solo traduciuse en preto de 62 millóns de euros dende 2015.

O investimento estimado que realizarán as empresas adxudicatarias de solo bonificado ou en dereito de superficie ascende a máis de 375 millóns de euros e grazas a el calcúlase que se posibilitará a creación de máis de 6.100 postos de traballo.

8 de xullo de 2019 | 14:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.