publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Abre o prazo de presinscrición do primeiro curso de especialista 5G de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPontevedraPortada dereita
A-
A+

O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G.

A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro.

Impartido por expertos

Está aberto a titulados, estudantes e profesionais do sector tecnolóxico e será impartido por docentes da Universidade e por profesionais expertos do sector, tanto de operadores (Movistar, Orange, Vodafone), como fabricantes (Nokia Spain, Ericsson) e desenvolvedores de solucións verticais (PSA, RTVE, CTAG, SERGAS).

Conta cun máximo de 25 prazas en becas para estudantes, desempregados e persoas en activo. Comezará en setembro, con 200 horas lectivas, divididas en 6 módulos máis o proxecto fin de curso, permitindo obter o título de “Especialista en Tecnoloxías de Quinta Xeración (5G)”. Os 6 módulos impartiranse presencialmente os xoves e venres polas tardes na ETSE Telecomunicación durante os meses de setembro a decembro. Toda a información do curso e os diferentes prazos están dispoñible no seguinte enlace: https://bubela.uvigo.es.

Plan Galicia 5G

O Plan Galicia 5G é ferramenta estratéxica da Xunta de Galicia para impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento das redes 5G en Galicia, situando a Galicia coma rexión de referencia no desenvolvemento das tecnoloxías 5G.

Coa sinatura do acordo para a posta en marcha deste Curso o pasado mes de xaneiro, a Universidade de Vigo, formalizou a súa adhesión ao Nodo de Cooperación 5G, un punto de encontro entre desenvolvedores e demandantes de solucións desta tecnoloxía para actuar como concentrador dos retos derivados das demandas do mercado e as capacidades das empresas do ecosistema 5 G de Galicia. En novembro formalizábase a adhesión ao nodo os operadores Vodafone, Orange e Telefónica e están prevista novas adhesións nas vindeiras semana.

A Comunidade foi a primeira do Estado e en poñer en marcha un plan para situarse como territorio preferente na pilotaxe de solucións innovadoras baseadas en 5G e facilitar que o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software necesaria para desenvolver posibles casos de uso localícese na Comunidade.

27 de xuño de 2019 | 19:23 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario