publicidade hoxe

Unha delegación da UE interésase polo programa de inclusión do módulo ‘Nelson Mandela’ no centro penitenciario de Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Unha delegación do Componente Penitenciario do programa El PacCto da Comisión Europea, para a asistencia contra o crime transnacional organizado en Europa e América Latina, visitou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o módulo de inclusión social Nelson Mandela, no centro penitenciario de Teixeiro, na Coruña. O motivo foi o de interesarse por este proxecto que desde hai 10 anos desenvolve a Consellería de Política Social.

O grupo de representantes comunitarios, formado polo maxistrado italiano e coordinador do Componente, Giovanni Tartaglia, o funcionario internacional e experto en cooperación Lorenzo Tordelli, e Nathalie Boissou, funcionaria da administración penitenciaria francesa, mantivo un encontro con Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio, na sede dese organismo, en Santiago de Compostela. Posteriormente, a delegación desprazouse á prisión de Teixeiro para coñecer in situ o funcionamento do programa Nelson Mandela.

24 de abril de 2019 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.