publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta confirma que disporá de 8 millóns de euros do Pacto de Estado neste ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Reunión da Conferencia Sectorial de Igualdade

Reunión da Conferencia Sectorial de Igualdade

A Xunta de Galicia contará en 2019 con case 16 millóns de euros dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátanse de 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, máis os fondos transferidos en 2018, que acadan 8 millóns de euros. Así foi trasladado ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no marco da Conferencia Sectorial de Igualdade, que tivo lugar esta mañá no Ministerio da Presidencia, Relaciones coas Cortes e Igualdade. O vicepresidente destacou o clima de consenso existente na xuntanza e espera que este trasládese a Galicia.

Alfonso Rueda, destacou a importancia deste tipo de reunións para poñer en común estratexias, prioridades e accións, así como reforzar as actuacións que leva a cabo cada Comunidade. Ademais, incidiu na necesidade do traballo conxunto entre as distintas autonomías, cun único obxectivo que é a erradicación da violencia de xénero.

Galicia é a única Comunidade que prevé axudas económicas directas ás vítimas, axudas que supuxeron dende o ano 2009 máis de 27 millóns de euros e 4.000 beneficiarias. Galicia conta ademais cunha Rede de Información ás Mulleres, Centros de acollida, emerxencia e recuperación integral así como asistencia psicolóxica integral para todas as mulleres vítimas e para as súas fillas e fillos.

Programas e servizos de asistencia social integral a vítimas da violencia de xénero
No marco da Conferencia Sectorial de Igualdade estableceuse tamén, como se ven facendo ano tras ano, o reparto do crédito por parte do Estado ás Comunidades Autónomas. A Xunta percibirá do Estado 513.000 euros, dos cales 340.502 euros serán parar programas de asistencia social integral, 63.572 euros para a mellora da coordinación e desenvolvemento de plans persoalizados e 109.719 euros para programas de apoio ás vítimas de agresións e/ou abusos sexuais.

3 de abril de 2019 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.