publicidade hoxe

O 061 de Galicia asistiu a 78 persoas por 57 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 15 de febreiro ata as 23:59 horas do domingo, 17 de febreiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 33 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 67 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 % e do 39 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 22
Lugo: 12
Ourense: 4
Pontevedra: 19
Total Galicia: 57

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

18 de febreiro de 2019 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.