publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta intensifica a aplicación do Plan de Seguridade Viaria co reforzo da mellora dos firmes das estradas, a execución de sendas e a eliminación de treitos de concentración de accidentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, na que salientou que a Xunta está a intensificar a aplicación do Plan de Seguridade Viaria de Galicia mediante o reforzo de mellora de firmes, execución de sendas e eliminación de tramos de concentración de accidentes.

Francisco Menéndez destacou a intensificación das melloras de firmes nas estradas autonómicas cun investimento este ano de 21,7 millóns de euros.

Fixo fincapé no desenvolvemento da estratexia para a eliminación de treitos de concentración de accidentes, cun investimento de 12,3 millóns de euros, co obxectivo de telos suprimido todos en 2020. A día de hoxe, xa foron sometidos a información pública 15 proxectos; licitadas catro obras e se executaron outras nove actuacións, e nas vindeiras semanas continuarase avanzando coa licitación de novas obras.

O Executivo autonómico tamén continúa co Plan de Sendas, que busca crear itinerarios que diminúan o perigo para as persoas que opten pola mobilidade alternativa. Este Plan contará en 2019 con 6,4 millóns de euros para rematar actuacións en execución ou xa licitadas e impulsar outras nas comarcas galegas, ata ter construídos en 2020 uns 170 km de sendas.

Puxo en valor que todas as actuacións desta Consellería en materia de estradas se deseñan con criterios de mellora da seguridade viaria. Neste sentido, destacou a conversión en autovía do corredor do Morrazo, cos sete primeiros quilómetros en servizo que se completarán en neste 2019.

A Xunta tamén segue traballando na eliminación de obstáculos en estradas, que ten por obxectivo conseguir “estradas que perdoen” os erros que se poden cometer e dar unha segunda oportunidade de voltar á calzada. Así, licitouse a actuación de eliminación de barreiras nas estradas AG-58, AG-59, CG-1.5, AC-537 e AC-554, que está a piques de ser rematada cun investimento de máis de medio millón de euros.

O director recordou que tamén se seguen a desenvolver medidas dirixidas aos usuarios máis vulnerables das estradas: peóns, ciclistas e motoristas. No eido da concienciación en seguridade viaria, continúa a Campaña “O corazón está do teu lado”, enfocado aos escolares; a adquisición de novas prendas reflectantes para peóns e ciclistas; ou os cursos de condución segura de motos.

7 de febreiro de 2019 | 16:34 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario