publicidade hoxe

Extinguido un incendio forestal en Entrimo que afectou o Parque Natural do Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción ás 22,10 h. de onte do lume forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que afectou ao parque natural do Xurés.

O incendio comezou ás 18,30 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha hectárea de superficie arborada. Na súa extinción traballaron 2 axentes e 3 brigadas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

16 de xaneiro de 2019 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.