publicidade hoxe

A Xunta aposta pola participación na planificación das políticas autonómicas de inclusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
XII Encontro gobernanza, participación e dereitos

XII Encontro gobernanza, participación e dereitos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na mesa redonda A participación como garantía dos dereitos da cidadanía, no marco do XII Encontro gobernanza, participación e dereitos organizado por EAPN (Rede de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social).

Durante a súa intervención, o titular do departamento autonómico centrou a súa intervención en tres eixos: a participación na planificación e avaliación das políticas autonómicas de inclusión, a participación nos seus propios procesos de inclusión e en novas orientacións.

Deste xeito, departiu sobre a participación como garantía de dereitos, que é a promovida desde a Xunta de Galicia á hora de prepara e implementar documentos normativos. “Promovemos os espazos e tempos necesarios para a participación das persoas ás que diriximos a nosa acción, representadas polas entidades de iniciativa social ou asociacións destas”, explicou Parrado.

Así mesmo afirmou de que o traballo coa persoa en situación de exclusión social realízase a través dos coñecidos itinerarios de inclusión social. Trátase de proxectos individualizados e consensuados coa persoa que os precisa. “A súa participación no deseño de obxectivos e contidos é clave, dado que é a propia persoa a que debe protagonizar o seu proceso de cambio, e conta para elo co acompañamento técnico dun profesional dos servizos sociais”, indicou o director xeral.

Por último, e no que a metodoloxía de inclusión social se refire, a Xunta avanzou a través do Proxecto inclúe o desenvolvemento dun novo enfoque de intervención, centrado na atención á calidade de vida, os dereitos, a autonomía e a cidadanía activa das persoas. O modelo resultante pon o aceno na participación das persoas como ferramentas indispensables para a inclusión social e laboral, polo que a intervención debe dirixirse a empoderar ás persoas e capacitalas para que superen as barreiras que imposibilitan a súa participación plena e activa na sociedade.

13 de setembro de 2018 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.