publicidade hoxe

As consellerías do Mar e de Sanidade definen o proxecto piloto de “Portos sen fume”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a traballar na definición do proxecto piloto “Portos sen fume”, que desenvolverá en coordinación coa Consellería de Sanidade en varios peiraos deportivos autonómicos. Para iso, dende Portos de Galicia estase a presentar a proposta a diferentes xestores portuarios aos que se solicita a súa valoración e colaboración.

A iniciativa seguirá a filosofía das “Praias sen fume” que xa existen en varios puntos do litoral galego e sería de aplicacións nas dársenas náutico recreativas. Deste xeito preténdese declarar como zonas libres de tabaco aqueles espazos de uso de ocio e recreativo que son frecuentados por todo tipo de veciños e usuarios de todas as idades

Este proxecto piloto levarase a cabo inicialmente en algúns dos peiraos de máis afluencia turística, especialmente na zona das Rías Baixas, e sempre a través do pleno consenso cos xestores das instalacións náuticas. Deste xeito contribúese a facer dos portos autonómicos contornas máis saudables e sustentables.

17 de agosto de 2018 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.