publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Aprobado o protocolo de colaboración entre as administracións implicadas no proxecto do Ecobarrio de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada esquerda
A-
A+

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, da aprobación do protocolo de colaboración entre as administracións implicadas no proxecto do Ecobarrio de Ourense, Xunta, ADIF e Concello.

Segundo explicou o presidente da Xunta, o dito convenio regulará os compromisos que ten que adquirir cada unha das partes. Así, a Xunta xestionará os fondos e realizará as contratacións e convenios necesarios; o Concello encargarase das licenzas e de aportar os datos, recursos humanos e materiais precisos para acceder ás instalacións necesarias para realizar as diferentes accións do proxecto; e Adif executará as obras e tramitacións necesarias nas infraestruturas ferroviarias.

Durante a súa intervención, Feijóo recordou que este proxecto pioneiro se instalará no barrio da Ponte e proporcionará calefacción e auga quente a 31 edificios públicos e 18 edificios particulares a través do aproveitamento da enerxía xeotérmica. Así, reforzará o liderado de Galicia no que a enerxías renovables se refire.

Con respecto ao ecobarrio, Feijóo subliñou que ademais de contar coa primeira rede de calor de xeotermia de Europa incorporará iniciativas como: tecnoloxía LED, alumeado arquitectónico na zona da Chavasqueira, sistema de control e xestión intelixente Smart City e unha oficina de ecobarrio.

Nesta mesma liña, destacou tamén que o proxecto terá efectos positivos sobre o ambiente e a economía local. Permitirá xerar 300 postos de traballo, mellorar nun 20% a eficiencia enerxética e rebaixar as emisións de gases contaminantes preto dun 30%.

Finalmente, incidiu en que o citado modelo de cidade ten como marco a que é guía do Goberno galego en materia enerxética, as Directrices enerxéticas de Galicia 2018-2020, que mobilizarán un investimento de máis de 3.100M€.

7 de xuño de 2018 | 16:53 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario