publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta publica o intercambio entre á Deputación Provincial de Lugo e o Concello da Fonsagrada da titularidade de varias estradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Decreto polo que se aproba a autorización á Deputación Provincial de Lugo e ao Concello da Fonsagrada do intercambio de titularidade de varias estradas, segundo solicitaron ambas administracións.

Co obxectivo de racionalizar a xestión da rede de estradas, o Concello da Fonsagrada solicitou o cambio de titularidade da estrada municipal Mesón Novo-Chao de Vaga a prol da Deputación de Lugo, por considerar que é de maior tránsito e, por tanto, ten maiores necesidades de conservación. E, ao tempo, solicitou a Deputación lucense a transferencia ao concello das estradas de titularidade provincial LU-P-1905 e LU-P-1902.

O Concello da Fonsagrada e a Deputación Provincial de Lugo acordaron impulsar así o expediente de transferencia destas estradas. A deputación informou favorablemente os cambios de titularidade e solicitou á Consellería de Infraestrutura e Vivendas a transferencia da estrada municipal Mesón Novo-Chao de Vaga, que discorre por terreos dedicados á explotación gandeira, así como o cambio de titularidade a prol do Concello da Fonsagrada das citadas vías provinciais.

A transferencia destas vías a prol do Concello da Fonsagrada e da Deputación Provincial de Lugo tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello da Fonsagrada e a Deputación Provincial de Lugo terán a competencia para actuar na súas respectivas vías e asumen a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

5 de xuño de 2018 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.