publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Coirós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoirósLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica da Coruña veñen de esclarecer un incendio producido no concello de Coirós o pasado 17 de maio. Tramítanse dilixencias como investigada contra unha empresa pola orixe do lume, que se iniciou ás 20.47 horas no lugar de Caresma.

O incendio produciuse pola caída dunha árbore enriba do tendido eléctrico. O curtocircuíto orixinou o lume na abundante vexetación existente. Arderon 0,11 hectáreas de monte raso e arborado.

Para a extinción do incendio foi necesaria a intervención dos medios do distrito. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Betanzos. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 24 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

24 de maio de 2018 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.