publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Educación e Cogami colaboran no impulso da lingua galega entre o alumnado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Sinatura do convenio entre a Consellería de Educación e Cogami

Sinatura do convenio entre a Consellería de Educación e Cogami

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) colaboran no desenvolvemento dun programa de actuacións en lingua galega para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades.

O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinaron hoxe este convenio, nun acto ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Ao abeiro de dito acordo, COGAMI comprométese a elaborar unha unidade didáctica sobre a lingua galega que se porá á disposición dos centros escolares e que tamén estará aloxada na web lingual.gal e na web da entidade cogamil.gal.

Así mesmo, elaboraranse catro xogos en liña, cada un deles con varios niveis adaptados a diferentes idades e capacidades; así como outros materias para descargar, imprimir e traballar nas aulas, nos fogares e mesmo nas entidades sociais.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade será a encargada de organizar, xestionar e executar todas as actividades, así como facilitar o persoal, as infraestruturas e os medios de que dispón para a súa execución. Mentres que a Consellería de Educación facilitaralle a COGAMI o apoio e asesoramento técnico en relación con aspectos lingüísticos e terminolóxicos relacionados con ditas actividades.

O orzamento para estas actividades é de 16.105 euros, dos cales 12.000 os achegará a Consellería a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, mentres que COGAMI aportará os 4105 restantes.

Este acordo enmárcase dentro da colaboración da Xunta con asociacións e entidades a prol da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade. De feito, contribúe a desenvolver o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico aprobado polo Consello da Xunta, e que responde á necesidade de poñer en práctica medidas par ao fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia, establecendo unha dinámica de participación con entidades asociativas para apoialas e promover actividades que faciliten o emprego do galego no seu funcionamento ordinario e nas súas actuacións.

15 de maio de 2018 | 15:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.