publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sanidade aposta polo diálogo permanente cos profesionais sanitarios na reunión da conferencia médica do SNS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Galicia participou na Conferencia Médica do Sistema Nacional de Saúde convocada por primeira vez polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade co obxectivo de impulsar o diálogo permanente e constante coa profesión médica, garantes da excelencia e da calidade na atención sanitaria.

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Jorge Aboal, participou na conferencia en representación do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que debía hoxe comparecer no pleno do Parlamento de Galicia. No marco desta convocatoria, Galicia destaca o firme compromiso do Sergas polo diálogo permanente coa profesión médica e apoia a achega dos profesionais na toma de decisións do sistema.

A sostibilidade da sanidade pública, e en definitiva, acadar o benestar dos pacientes só é posible a través do diálogo e o acordo e neste senso, Galicia valora moi positivamente a celebración de novos espazos de diálogo entre Goberno, comunidades autónomas e profesionais. Nesta reunión, ratificouse o compromiso adquirido cos profesionais no acordo marco do ano 2013, e tamén o compromiso acordado entre todas as comunidades autónomas no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde celebrado o pasado mes de xuño.

Mellorar as condicións de formación científica dos profesionais sanitarias, mellorar as súas condicións laborais e apostar por revalidar as competencias profesionais de xeito periódico e voluntario foron algúns dos temas que centraron o debate neste primeiro encontro.

Tamén se abordaron novas formas de organización do traballo poñendo como eixe ao paciente, a formación continua do profesional durante todas as etapas do seu desenvolvemento profesional, e o futuro da atención primaria.

11 de abril de 2018 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.