publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas convoca as oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia de atención primaria, enfermería e técnico superior en documentación sanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe as resolucións do 1 de marzo de 2018 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) polas que se convocas os concursos-oposición para o ingreso nas categorías de médico de familia de Atención Primaria, enfermería e técnico superior de documentación sanitaria. En concreto, convócanse un total de 241 prazas de médico de familia, 830 de enfermería e 11 de técnico superior en documentación sanitaria. Os aspirantes poderán participar neste proceso selectivo ben polo sistema de acceso libre ou de promoción interna. Resérvase nas tres OPES un número de prazas de acceso para persoas con discapacidade, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

Na categoría de médico de familia, do total das 241 prazas que se convocan, 107 son de acceso libre, 212 de promoción interna e 13 de reserva de discapacidade. Das 830 prazas convocadas na categoría de enfermería, 372 son de acceso libre, 415 de promoción interna e 43 para persoas con discapacidade. Na última das categorías, a de técnico superior en documentación sanitaria, das 11 prazas que se convocan, 4 son de acceso libre, 6 de promoción interna e 1 para persoas con discapacidade.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de procesos/OPE). As solicitudes, logo de ser formalizadas eléctronicamente e asinadas, deberán dirixirse a unha das unidades de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas, ou a través de calquera dos procedementos do recollidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

12 de marzo de 2018 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.