publicidade hoxe

A Xunta presenta a alcaldes portugueses as instalacións e funcionamento da AGASP e do Centro de Emerxencias 112

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Luis Menor na visita ás instalacións da AGASP

Luis Menor na visita ás instalacións da AGASP

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañou hoxe a alcaldes da Comunidade Intermunicipal da Rexión de Coimbra a unha visita polas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112).

Durante a súa visita, ofrecéuselles información sobre como funciona o sistema galego de protección civil e emerxencias e a formación que se imparte aos distintos grupos que actúan nestas situación. Ademais, mostróuselles nas instalacións do CIAE a organización e funcionamento do centro, así como os protocolos de mobilización.

13 de marzo de 2018 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.