publicidade hoxe

A Xunta incide que a igualdade e a non discriminación por razón de sexo é un dereito garantido pola Constitución española

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto incidiu hoxe que a igualdade e a non discriminación por razón de sexo é un dereito fundamental garantido tanto na Constitución española como en distintas leis de ámbito nacional ou autonómico.

Natalia Prieto, participou esta maña na xornada ‘Colectivos masculinizados versus colectivos masculinizados no sector público autonómico’, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, na que indicou que tanto as mulleres como homes teñen os mesmos dereitos e obrigacións, polo que fixo especial fincapé que este é un asunto de todos, tanto dos cidadáns, como dos os sectores e administracións.

A directora xeral explicou que no eido do sector publico autonómico, a Xunta leva anos traballando e dando pasos importantes para previr e eliminar toda conduta discriminatoria ou de acoso por razóns de sexo, por integrar a dimensión da igualdade de oportunidades de mulleres e homes nas accións levadas a cabo polo Goberno galego que desenvolvemos e por apostar por medidas de conciliación da vida familiar e laboral dos empregados públicos.

A Xunta ten aprobado o Protocolo para previr, detectar e resolver as posibles situacións de acoso laboral e outras discriminacións na administración galega, establecendo a folla de ruta a seguir no caso de detectar unha situación destas características, incluídas as que teñan o seu orixe en razóns de xénero, así como as responsabilidades dos órganos que interveñen neste proceso. Todo isto co obxectivo de garantir a protección dos empregados públicos de Galicia. Esta incluída a perspectiva de xénero en todos os Plans, programas, normativa e accións da Xunta de Galicia así como na actividade estadística do sector público autonómico.

Conciliación familiar e laboral dos empregados públicos

Natalia Prieto indicou que o Goberno galego aposta por seguir implantando medidas dirixidas a facilitar a conciliación familiar e laboral dos empregados públicos. Coa posta en marcha da flexibilidade horaria laboral, se benefician mais de 10.300 empregados. Fan uso do teletraballo preto de 300 empregados públicos en distintos eidos da administración.

Ampliouse a duración do permiso por parto, do permiso por adopción o acollemento pasando de 18 a 20 semanas, e do permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo, que pasa de 29 días a 5 semanas, como medida favorecedoras de la conciliación de la vida persoal, familiar y laboral.

Finalmente, a directora xeral indicou que é necesario continuar avanzando na incorporación de medidas no sector público que favorezan a igualdade real de oportunidades promovendo e mellorando as posibilidades de acceso das mulleres a postos de responsabilidade dentro do sector publico autonómico, sen que a maternidade, entre outros factores, supoña un obstáculo para a súa promoción.

6 de marzo de 2018 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.