publicidade hoxe

A Xunta aposta por unha Administración accesible, moderna e innovadora para servir á cidadanía

Alfonso Rueda na inauguración do encontro. Foto: X. Crespo

Alfonso Rueda na inauguración do encontro. Foto: X. Crespo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inauguraron esta mañá o encontro CIMS GAL 2018, Cidades Innovadoras, Modernas e Seguras.

Ao longo da xornada, diversos expertos abordarán as necesidades dos novos modelos de cidades, tratando temas como a protección de datos, a compra pública de innovación ou a Administración electrónica.

Na mesma liña dos obxectivos deste foro, a Xunta tamén vén apostando nos últimos anos de forma decidida por construír unha Administración autonómica accesible, moderna e innovadora co obxectivo de prestar un mellor servizo á cidadanía e poder resolver as súas demandas e problemas de xeito máis sinxelo e rápido.

Nesta liña, inscríbense accións como a recente aprobación no Consello da Xunta do anteproxecto da Lei de Administración Dixital de Galicia, a renovación da sede electrónica o Portal de Transparencia de Galicia, ou a guía de boas prácticas para favorecer a contratación pública de innovación.

14 de marzo de 2018 | 10:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.