publicidade hoxe

A Consellería de Cultura participa na presentación da Academia Galega de Teatro

Anxo Lorenzo na presentación da Academia Galega de Teatro

Anxo Lorenzo na presentación da Academia Galega de Teatro

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á presentación da Academia Galega de Teatro, que tivo lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega. No acto público, que se fixo coincidir co Día Mundial do Teatro, a presidenta da nova entidade, a actriz e dramaturga Inma António Souto, explicou os motivos da creación da academia, así como os seus obxectivos. Luma Gómez, actriz e membro da xunta directiva, foi a encargada de presentar Un programa básico para o teatro galego, que se converte no primeiro documento oficial da academia. O director de escena, escenógrafo e académico Antonio F. Simón avanzou as actividades da entidade a curto e medio prazo.

A Academia Galega de Teatro creouse nun acto solemne celebrado no Auditorio Municipal de Rianxo o día 21 de outubro de 2017. No acto desta mañá presentouse oficialmente ao público.

27 de marzo de 2018 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.