publicidade hoxe

Educación convocará 2.050 prazas de docentes en 30 especialidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presentou hoxe á mesa sectorial do ensino non universitario a proposta de oferta pública de emprego para o ano 2018. En total serán 2.050 prazas en 30 especialidades diferentes, de tal forma que se seguirá avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes que, cun 13% é xa a máis baixa de todo o Estado.

Cómpre sinalar que a Consellería decidiu incrementar o número de prazas da convocatoria – desde as 1.919 anunciadas inicialmente ata as 2.050 que se convocarán finalmente- tras negociar e consensuar as peticións dos membros da Comisión de Seguimento do Acordo de Estabilización de Emprego, co fin de acadar o antes posible a diminución da taxa de interinidade ata un 6%, aproximadamente.

A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Ingreso

Corpo de profesores de ensino secundario

Lingua Castelá e Literatura: 75
Xeografía e Historia: 65
Matemáticas: 153
Física e Química: 88
Bioloxía e Xeoloxía: 60
Inglés: 50
Orientación Educativa: 35
Tecnoloxía: 65
Lingua Galega e Literatura: 75
Intervención Sociocomunitaria: 20
Organización e Xestión Comercial: 25
Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos: 15
Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos: 15
Procesos Sanitarios: 22
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos: 25
TOTAL: 788

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Estética: 20
Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos: 20
Operacións de Produción Agraria: 18
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico: 16
Procedementos Sanitarios e Asistencias: 40
Procesos Comerciais: 24
Servizos de Restauración: 22
TOTAL: 160

Corpo de mestres

Educación Infantil: 110
Lingua Estranxeira: Inglés: 50
Lingua Estranxeira: Francés: 50
Educación Física: 55
Música: 35
Pedagoxía Terapéutica: 75
Audición e Linguaxe: 90
Primaria: 240
TOTAL: 705

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas: 105
TOTAL: 105

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1
Corpo de profesores de ensino secundario

Lingua Castelá e Literatura: 25
Xeografía e Historia: 22
Matemáticas: 52
Física e Química: 29
Bioloxía e Xeoloxía: 21
Inglés: 18
Orientación Educativa: 12
Tecnoloxía: 22
Lingua Galega e Literatura: 23
Intervención Sociocomunitaria: 6
Organización e Xestión Comercial: 8
Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos: 5
Procesos Diagnósticos Clínicos e Productos Ortoprotésicos: 5
Procesos Sanitarios: 6
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos: 8
TOTAL: 262

Acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Inglés: 30
TOTAL: 30

6 de febreiro de 2018 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.