publicidade hoxe

A Xunta agradece o traballo realizado polos voluntarios de Protección Civil e dos GES na atención ás emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor gabou hoxe o labor dos voluntarios de Protección Civil e dos GES na xestión e na atención das emerxencias na nosa comunidade.

Luis Menor visitou esta mañá as bases do GES de A Gudiña e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Cualedro-Monterrei recentemente creada, e que consta na actualidade con 66 voluntarios que dan servizo as 24 horas do día. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior cedeu a esta agrupación un vehículo pick-up, un remolque de emerxencias e unha coitela quitaneve. Ademais recibiron unha axuda de 4.890 euros da Orde de subvencións ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor destacou o traballo que realizan as agrupacións “como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención. Se ben en moitas ocasións son as primeiras en chegar e intervir, prestando unha inestimable colaboración”. Menor subliñou que a Xunta traballa pola potenciación deste grupos, procurándolles a dotación de medios e de formación. Así, afirmou, “o Goberno galego fixo unha importante compra de equipamento de emerxencias nos anos 2015, 2016 e 2017 con continuidade ata 2020”, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O total da inversión para Galicia ascendeu a 9,3 millóns de euros, no caso de Ourense 2,8 millóns de euros.

Pola súa banda o GES da Gudiña comezou a súa andadura como grupo de emerxencias profesional en agosto do 2013. Dende a súa creación a súa actividade foi constante no eido das emerxencias, sendo especialmente destacada a súa labor na vaga de lumes que este mes de outubro de 2017 asolou a provincia de Ourense en concreto as comarcas de A Gudiña e Viana do Bolo. Contan tamén cun servizo de de 24 horas, cunha plantilla de 12 membros que dan servizo aos concellos de A Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Neste caso, foron cedidos pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior un todorerreo pick-up Volkswaguen Amarok, un esparellador de sal e un remolque de emerxencias. Pola a súa parte a AXEGA durante os anos 2015, 2016 e 2017 cedeu a este GES 5 equipos de respiración autónoma (ERA), 2 lanzas de auga, 14 mangueiras, 1 cuña quitaneve, 1 equipo de excarceración, 1 embarcación e pértega con tres traxes para a loita contra a vespa velutina.

8 de febreiro de 2018 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.