publicidade hoxe

O DOG publica a modificación da estrutura da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para adaptala á reorganización integral do transporte público por estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Decreto polo que se modifica a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda co obxectivo de adaptala ás necesidades derivadas da necesaria reorganización integral do transporte público de pasaxeiros por estrada. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/qZR4fR

O obxectivo desta modificación é incrementar eficacia na cosecución dun dos principais obxectivos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a actual lexislatura, que é a posta en marcha do Plan de transporte público de Galicia, que deberá acadarse en 2019.

A Xunta de Galicia puxo en marcha o pasado mes de agosto a primeira fase da reorganización do transporte público por estrada, co obxectivo de garantir a continuidade do servizo das liñas de autobús cuxas empresas concesionarias renunciaron a seguir prestando.

Ese proceso requiriu un importante traballo de planificación no que se iniciou a modernización dos servizos regulares de autobús de Galicia con medidas como transporte compartido ou baixo demanda.

A pesar de afectar só a parte do territorio galego, en total, esa primeira fase do plan supuxo a organización de máis de 800 liñas de transporte, 10.000 paradas e 5.000 horarios, o que supuxo un importante labor de planificación.

A segunda fase dese proceso, o Plan de transporte público que debe aprobarse en 2019, afecta ao total das liñas de transporte público regular de pasaxeiros de Galicia, motivo polo que se considera conveniente reforzar a área de planificación da Dirección Xeral de Mobilidade.

Por este motivo, a modificación da estrutura aprobada hoxe polo Consello consiste na creación dunha nova Subdirección xeral de planificación técnica do transporte, que contará, ademais cun Servizo de planificación de nova creación.

A ata agora Subdirección xeral de planificación técnica pasará a chamarse Subdirección xeral de Infraestruturas do transporte e manterá a súas funcións actuais, centradas no fomento da intermodalidade.

17 de xaneiro de 2018 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.